Onde estamos?

Onde estamos?

A experiencia “Vivir o Marisqueo”, impulsada polo Concello de Outes, pretende que os e as visitantes coñezan de primeira man a actividade marisqueira que se desenvolve na nosa ría. Esta actividade artesanal lévase realizando dende hai séculos nun espazo territorial costeiro dunha beleza e riqueza medioambiental única.

As persoas visitantes tamén poderán degustar os produtos extraídos, nomeadamente berberechos e ameixas, nos restaurantes da zona e quen o desexe pode prolongar a súa estancia aloxándose en algún dos establecementos do Concello.

VEN VIVIR A EXPERIENCIA

  • 8:00 a 8:15 horas. Almorzo no Centro Náutico do Freixo. Dende a terraza veremos saír as ducias de pequenas embarcacións cara ao lugar de traballo.
  • 9:30 horas. Percorrido cara aos lugares de traballo dos mariscadores e mariscadoras a pé. Posteriormente observaremos o regreso das embarcacións e visitaremos a lonxa para ollar de primeira man o proceso de descarga e clasificación do marisco.
  • 13:00 horas. As persoas visitantes poderán degustar un menú, previamente elixido e baseado no marisco extraído, en calquera dos restaurantes colaboradores.

RESERVAS

Rógase facer as reservas con 24 horas de antelación chamando ao número 644 78 75 13 ou a través do correo electrónico turismo@outes.es. A actividade dará comezo o 23 de setembro.

Ver o cartel

Facebook