Logotipo concello outes
Idioma: Ico es Contacto

CATÁLOGOS DE PATRIMONIO NATURAL DO CONCELLO DE OUTES

O Concello pon en marcha un programa de comunicación ambiental a través dunha campaña informativa dirixida aos usuarios dos espazos naturais de Outes e aos practicantes de deportes na natureza, así como a aquelas persoas que nos visitan e turistas que acoden a desfrutar da nosa contorna.

Trátase dunha campaña informativa específica que permite achegar información ambiental de calidade ás persoas usuarias destes espazos naturais, deportistas, e visitantes que gozan practicando diferentes actividades na natureza e na nosa contorna.

Pretendemos lograr unha maior sensibilización ambiental da sociedade, promovendo que se leven adiante aspectos como a conservación do patrimonio natural, a biodiversidade, o desenvolvemento sostible ou o cambio climático, entre outros contidos ambientais que supoñan un pulo á educación, a sensibilización e á información ambiental na sociedade.

Para tal propósito editamos unha serie de folletos que podedes descargar dende os seguintes enlaces:

REDE NATURA 2000: O ESTEIRO DO TAMBRE

Fauna

Flora

RUTAS (pequenas rutas idóneas para dar un paseo acompañados de nenos)

PRAIAS

PATRIMONIO

DEPORTES

 

Últimas Fotos Subidas

Thumb 10 Fotos dos internautas - 01
Thumb 6 Fotos dos internautas - 02
Thumb 7 Fotos dos internautas - 03
Thumb 9 Fotos dos internautas - 04
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación dos usuarios. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí.